14 mar 2011

Nova actividade de Palaestra

A finais deste mes de marzo ou como máis tarde a principios de abril a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra porá en marcha o proceso de creación dunha nova entidade; os Amigos de Mariñán.
Esta nova asociación buscará potenciar o disfrute do Pazo de Mariñán, propiedade da Deputación e legado en 1936 polo seu último propietario privado Gerardo Bermúdez de Castro e Suárez de Deza, Señor de Láncara.