Mostrando entradas con la etiqueta Actividade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividade. Mostrar todas las entradas

3 mar 2013

Premio Gerardo Láncara de ensaio histórico.

Unha iniciativa máis da entidade vai ser o Premio Gerardo Láncara de ensaio histórico.

Un 3 de marzo de 1848 nacia na Coruña Gerardo Bermúdez de Castro e Suárez de Deza, coñecido como Gerardo Láncara.

Foi o derradeiro propietario privado do Pazo de Mariñán e a súa morte donou dos pazos á beneficiencia da Deputación da Coruña.

Anunciamos co gallo deste aniversario a convocatoria dun premio de ensaio histórico co seu nome. As bases serán publicadas en breve, aínda que o prazo de entrega será amplo xa que pretendemos facer o fallo deste premio co motivo do aniversario de Palaestra en 2014.

1 ene 2013

Walter López gañou o Torneo de Xadrez


O xogador do Círculo Ferrolano, Walter López, foi o gañador do Torneo de Xadrez de Mariñán, celebrado o día 30 de nadal. A segunda posición foi para Oscar de Prado, do Arteixo, e a terceira para Emilio Sánchez, do Recatelo de Lugo.

Clasificación final.

1 Walter López,
2 Oscar de Prado,
3 Emilio Sánchez,
4 Gregorio Saavedra,
5 José María Dorado,
   Angel de Blas,
7 Luis Patiño,
8 Pablo Sánchez Quinteiro,
9 Julián del Río,
10 Angelo Cassar,  
11 Carlos Castedo,  
12 Jaime del Río,  
13 Angel Otero Ramírez,
14 Fernando Recamán,  
15 Carlos de Pablos,
16 Daniel González,
17 Manuel García,  
18 Mario Cassar,  

27 dic 2012

Torneo de Xadrez de Mariñán

O día 30 de nadal finaliza o actual periodo de visitas ao interior do Pazo de Mariñán. Temos prevista para ese día unha actividade novidosa; a celebración do I Torneo de Xadrez de Mariñán, que terá as seguintes características:

Data de celebración: 30 de nadal de 2012.

Tipo de Torneo: Sistema Suizo a 5 roldas.

Tempo de Xogo: 10 minutos a finish.

Horario do Torneo:

16,00: Para os interesados que descoñezan o Pazo, damos a opción de facer unha visita guiada ao interior. Duración aproximada de 45 minutos.

16,45: Apertura da Sala de Xogo. Previsiblemente no Salón Láncara, na Residencia do Pazo.
17,00: Inicio do Torneo.
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,25
3ª Rolda: 17,50
4ª Rolda: 18,15
5ª Rolda: 18,30

Entrega de premios: 18,50

Cota de participación: 3 euros.
Todos os participantes recibirán un pequeno agasallo.
Inscripcións: correo@agax.org ou teléfono 981 150 168
Por organización e seguridade no Pazo, solicitamos que se fagan canto antes.

Premios:
1º Clasificado: Trofeo + 40 euros
2º Clasificado: Trofeo + 30 euros
3º Clasificado: Trofeo + 20 euros
4º Clasificado: 10 euros

Colaboran con Palaestra nesta actividade:
Excma. Deputación da Coruña
Club Ludo - Sociedade Deportiva
Actividades Terme, S. L.

Os acompañantes dos xogadores poderán visitar o Pazo e os seus xardíns que foron declarados Monumento Histórico hai 40 anos, en outubro de 1972. As visitas ao xardín son libres e ao interior son guiadas, iniciándose ás catro, cinco e seis da tarde.

1 ago 2011

Día 1 de agosto empeza a campaña

Hoxe escomezamos a recollida de datos para crear a Asociación de Amigos de Mariñán, entidade que buscará potenciar o coñecemento deste Pazo e o seu disfrute polo público en xeral, lembrando á persoa que fixo posible que esta propiedade sexa hoxe un ben público; o seu derradeiro propietario privado; Gerardo Bermúdez de Castro e Suárez de Deza, coñecido como Gerardo Láncara.
Participar nesta acción terá un custo de 5 euros e aos inscritos se lles regalará o libro "O interior de Mariñán", elaborado pola Asociación Palaestra, dentro dos Libros de Peto de Asencudega.

14 mar 2011

Nova actividade de Palaestra

A finais deste mes de marzo ou como máis tarde a principios de abril a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra porá en marcha o proceso de creación dunha nova entidade; os Amigos de Mariñán.
Esta nova asociación buscará potenciar o disfrute do Pazo de Mariñán, propiedade da Deputación e legado en 1936 polo seu último propietario privado Gerardo Bermúdez de Castro e Suárez de Deza, Señor de Láncara.