Mostrando entradas con la etiqueta Autores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Autores. Mostrar todas las entradas

2 jul 2015

Aniversario de Ovidio Murguía

Tal día como hoxe, pero en 1871 nacía Ovidio Murguía, fillo de Manuel Murguía e Rosalía de Castro.
Pintor prometedor que morreu novo.
No Pazo de Mariñán hai algunha obra da súa autoría aínda que normalmente agochada ao público.
O cadro A Feira de Santa Susana foi exposto na última exposición de Picasso no Museo de Belas Artes da Coruña.
Coma sempre veñen de fora a por en valor o que temos por aqui.

28 jul 2012

"Retrato de Dama" de Alfredo Souto

Un óleo sobre lienzo. 61 x 50 cm.

A modelo asómase ao ovalo do lienzo neste retrato, que amosa a unha dama burguesa con empaque e de debuxo sobrio.

É obra de Alfredo Souto Cuero (A Coruña 1862 - Madrid 1940), quen foi discípulo de Román Navarro, de quen tamén hai varias obras no Pazo de Mariñán. Cursou estudos xurídicos e accedeu á maxistratura, que exerceu en Pontevedra, Sevilla e outras cidades de España. Conseguiu premios nas Exposicións Nacionais de Belas Artes de 1899, 1901, 1892 e 1895, sempre con paisaxes dos lugares onde residiu na súa condición de maxistrado.

Faleceu en 1940, cando o seu fillo Arturo, un dos grandes pintor da Galicia contemporánea, atopábase en México como exiliado tras os avatares da guerra civil.