Mostrando entradas con la etiqueta Pezas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pezas. Mostrar todas las entradas

9 sept 2012

San Pedro Claver

Na Capela do Pazo de Mariñán, unha das tallas do retablo, aínda non está moi claro a quen representa. Unha boa parte opina que é San Pedro Claver. Un santo non moi coñecido a nivel popular, o que é pouco cotián nos pazos. Parte da iconoloxía parece non coincidir, pero en calquera caso, hoxe 9 de setembro e o día de San Pedro Claver.

Pedro Claver naceu en Verdú o 26 de xuño de 1580 e faleceu en Cartagena de Indias o 9 de setembro de 1654. Fillo de labregos ingresou na Compañía de Xesús e decidiu evanxelizar os territorios conquistados en América. Estudou teoloxía en Bogotá e foi enviado a Cartagena de Indias onde sería ordeado sacerdote.

En América impactoulle enormemente o trato que sufrían os escravos e dedicouse a coidalos, alimentalos e curalos, ata o punto de asinar sempre coa mesma frase: Ego Petrus Claver, aethiopum semper servus (eu Pedro, escravo dos negros para sempre). Por iso é considerado o Patrono dos Escravos.

Tivo sona de santo en vida entre a poboación que lle atribuíu varios milagres. Figura discutida pola súa entrega humanitaria, non foi beatificado ata o 16 de xullo de 1850 por Pío IX e canonizado o 15 de xaneiro de 1888 por León XIII, un papa de gran sensibilidade social.

É tamén o patrono de Colombia.

28 jul 2012

"Retrato de Dama" de Alfredo Souto

Un óleo sobre lienzo. 61 x 50 cm.

A modelo asómase ao ovalo do lienzo neste retrato, que amosa a unha dama burguesa con empaque e de debuxo sobrio.

É obra de Alfredo Souto Cuero (A Coruña 1862 - Madrid 1940), quen foi discípulo de Román Navarro, de quen tamén hai varias obras no Pazo de Mariñán. Cursou estudos xurídicos e accedeu á maxistratura, que exerceu en Pontevedra, Sevilla e outras cidades de España. Conseguiu premios nas Exposicións Nacionais de Belas Artes de 1899, 1901, 1892 e 1895, sempre con paisaxes dos lugares onde residiu na súa condición de maxistrado.

Faleceu en 1940, cando o seu fillo Arturo, un dos grandes pintor da Galicia contemporánea, atopábase en México como exiliado tras os avatares da guerra civil.

10 jul 2012

Isabel, Raíña de Portugal

Estamos ante un óleo sobre táboa (86 x 60 cm.) que representa a Isabel, Raiña de Portugal. Unha obra da que non se ten case datos na Deputación. A representada non debe confundirse con outra Isabel de Portugal, a muller de Carlos I. O cadro está situado no zaguán do Pazo de Mariñán.

Esta da que falamos recibe ás veces o nome de Isabel de Aragón, pola súa procedencia. Filla do rei Pedro III de Aragón e de Constanza II de Sicilia, puxéronlle o nome de Isabel en honra á súa tía-avoa, Isabel de Hungría. Era por tanto neta de Xaime I o Conquistador e do emperador Federico de Suabia. Naceu no 1271 en Zaragoza e faleceu o 4 de xullo de 1336 en Estremoz, Portugal.  Tra-la súa morte dise que se produciron milagres. Foi beatificada en 1526 e canonizada polo Papa Urbano VIII en 1625, celebrándose a súa festividade o 4 de xullo.

Os seus atributos son a coroa e as rosas, que podemos ver no cadro, na que aparece en tres cuartos con hábito relixioso e báculo. Foi raíña de Portugal entre 1282 e 1325, logo de casar o 24 de xuño de 1282 co rei Dionis I de Portugal. Do seu matrimonio naceron dous fillos: o infante Alfonso (futuro Alfonso IV de Portugal) e a infanta Constanza, esposa de Fernando IV de Castela e nai e rexente de Alfonso XI.

Durante o seu reinado ordenou a construción dun bo número de conventos, seguindo no seu actuar o exemplo da súa devanceira Santa Isabel de Hungría. A lenda popular portuguesa adoptou o episodio da transformación do pan en rosas da princesa húngara, colocando como protagonsitas a Dionis e á súa esposa.

O reinado foi conflictivo; a loita polo trono estivo presente coas conspiracións do seu cuñado Alfonso, desexoso de facerse co posto do seu irmán, e mais tarde polos temores do herdeiro lexitimo pola posible actuación dos fillos ilexitimos do rei.

A raíña acollera aos fillos bastardos de Dionís na corte, pero logo empezaron os problemas tras o nacemento dos fillos de Dionís e Isabel. O príncipe Alfonso (1291-1357), que sería posteriormente rei comezou a alarmarse polo ascendente que na corte comezara a contraer un dos fillos ilexítimos do rei, o infante Alfonso Sánchez. Ante a sospeita de que Dionís solicitara á Santa Sé a concesión de lexitimidade para o seu irmán, en detrimento de o seu propio acceso ao trono, Alfonso o Bravo decidiu rebelarse. En diversas ocasións tivo a raíña que trasladarse até o campo de batalla para acabar coas disputas entre o seu marido e o seu fillo. Colocábase entre os dous e rezaba para que a pelexa finalizase.

En 1325 Isabel enviuvou e pouco despois realizou unha viaxe de peregrinaxe a Santiago de Compostela, ingresando á súa volta no convento de Santa Clara-a-Velha en Coimbra, que ela mesma fundara, onde tomou o hábito das clarisas, pero sen facer os votos da orde, o que lle permitía manter a administración da súa fortuna, que dedicou ás obras de caridade.

En 1336 a raíña tivo noticias de novos conflitos familiares, esta vez entre o seu fillo, Alfonso IV, e o rei de Castela, Alfonso XI, que era o seu neto. As tropas portuguesas foran de novo armadas para intervir no país veciño, e achábanse concentradas en Estremoz, lugar ao que se dirixiu a raíña para, outra vez, intervir nun conflito familiar. Foi recibida polo seu fillo no castelo da citada vila, pero, sentíndose enferma, retirouse a descansar. Unhas poucas horas máis tarde, o 4 de xullo de 1336, falecería, non sen antes facer prometer ao fillo que de ningunha maneira enfrontaríase de maneira fratricida co neto.

Os seus restos foron sepultados no seu convento de Santa Clara-a-Velha; pero ao resultar este alagado polas augas do río Mondego houberon de ser trasladados no século XVII ao novo convento de Santa Clara-a-Nova, onde repousa na actualidade.

En 2009 publicouse A rosa de Coimbra (en Portugal Memórias dá Rainha Santa) da escritora española María Pilar Queralt do Hierro, biografía novelada deste personaxe.

26 jun 2012

Golden Arrow

Maqueta do Golden Arrow
Na entrada da Residencia do Pazo de Mariñán podemos ver unha vitrina coa maqueta do coche Golden Arrow, elaborada por T. Castro en 2006 e sendo o primeiro desta serie.

O orixinal Irving-Napier Golden Arrow era deseño de J. S. Irving e contaba cun motor Napier, un W12 tomado da mecánica aeronáutica que ofrecía 930 CV de potencia. Non só é famoso pola súa afiada estrutura e a súa cor dourada que ainda hoxe nos parece futurista a pesar de ser construido a principios do século XX, senón que o seu verdadeiro valor foi o de pasar á historia logrando un importante record de velocidade.

Golden Arrow orixinal
Hengry Segrave foi o encargado de realizar as probas. Anteriormente correra co Sunbeam 1000, un prototipo anterior de 1000 CV.

A potencia non o é todo e o Golden Arrow resultou un traballo máis fluído. Despois de diversos intentos, o día 1 de marzo de 1929 batía da marca de velocidade sobre terra en Daytona Beah: 372.1 km/h.