Na entrada da Residencia do Pazo de Mariñán podemos ver unha vitrina coa maqueta do coche Golden Arrow, elaborada por T. Castro en 2006 e sendo o primeiro desta serie.
O orixinal Irving-Napier Golden Arrow era deseño de J. S. Irving e contaba cun motor Napier, un W12 tomado da mecánica aeronáutica que ofrecía 930 CV de potencia. Non só é famoso pola súa afiada estrutura e a súa cor dourada que ainda hoxe nos parece futurista a pesar de ser construido a principios do século XX, senón que o seu verdadeiro valor foi o de pasar á historia logrando un importante record de velocidade.
Hengry Segrave foi o encargado de realizar as probas. Anteriormente correra co Sunbeam 1000, un prototipo anterior de 1000 CV.
A potencia non o é todo e o Golden Arrow resultou un traballo máis fluído. Despois de diversos intentos, o día 1 de marzo de 1929 batía da marca de velocidade sobre terra en Daytona Beah: 372.1 km/h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario